Publicacións

O gran xigante bonachón

Imaxe
Boas tardes, os nenos de POE coñecimos esta semana un novo libro do grandísimo Roald Dahl,o seu xigante bonachón, e comezamos cos seus tres primeiros capítulos por iso estamos intrigadísimos coas suas aventuras, continuará....

Benvidos Roald e Dahl!

Imaxe
Os mércores na escola de actores, apareceron dous personaxes que contan historias sobre Charlie e a fábrica de chocolate.  Eles chámanse Roald o neno e Dahl a nena, e ademáis queren ter moitos amigos máis polo que os nenos que veñen están a preparar os seus propios personaxes con moitos materiais.

1,2,3 responda outra vez!!!

Imaxe
Queremos facer unha liña do tempo, así que precisamos moita axuda!! Quen sabe contos do maravilloso Roald Dahl: Título e ano de publicación empezaré eu a cadena! Participade familias!! Graciñaaaas!! 1964- Charlie e a fábrica de chocolate

BENVIDOS AO MUNDO DE ROALD DAHL!!

Imaxe
O primeiro venres de POE os nenos e nenas que somos un montón atopábamos no ximnasio cando un paquete misterioso acabou nas nosas mans, era da filla do mismísimo Roald Dahl e no seu interior atopábase ademáis dunha carta unha morea de libros do seu pai.  Pero quén é Roald Dahl? Empezamos a nosas aventuras descubrindo a este personaxe, axúdanos??

SATURNALIA!!

Imaxe
Como ben sabedes o xoves 31 fixemos unha festa en POE coas familias, a modo de despedida do programa por este curso. Nesta festa fixemos un xogo conxunto no que os participantes da actividade e algúns dos seus familiares tiveron que pasar diferentes probas, relacionadas cunha festividade romana, a Saturnalia. Deixamos aquí unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos. Recordade deixar comentarios coa vosa experiencia! E só queda agradecer ás nenas, aos nenos e ás súas familias a participación e a disposición que sempre mostran. Sodes uns cracks!! AH!!! Señor do Tempo, danos moitos puntos!!!

A LENDA DE HÉRCULES

Imaxe
Hola Señor do Tempo!! Queremos mostrarche un pequeno vídeo que fixemos, contando (con moita gracia) unha lenda coruñesa, relacionada coa Antiga Roma,. É a lenda de Hércules, esperamos que che guste! Recordade deixar comentarios coa vosa experiencia!

MOMENTOS

Imaxe
Estimado Señor do Tempo queremos compartir con vostede algúns dos momentos que pasamos xuntos.